Mostrando entradas con la etiqueta MATEMÁTICAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MATEMÁTICAS. Mostrar todas las entradas

lunes, 1 de junio de 2009

MEDIDAS DE PESO E MASA

¿Canto pesas? ¿Canta cantidad de carne imos comprar?
O peso está tamén presente continuamente na nosa vida diaria. Normalmente falamos de kilos e de gramos, pero tamén hai outras unidades intermedias e maiores.
En matemáticas estamos vendo na clase as unidades de peso. Para aprender máis e practicar, aquí vos deixo un esquema das unidades de peso e, se pinchas no esquema, entrarás nun xogo moi divertido, no que podedes escoller entre diferentes xogos sobre medidas de peso, lonxitude, volumen, tempo...
Por certo... ¿Saberías interpretar os datos do esquema co que xa sabes de outras unidades de medida como a lonxitude ou a capacidade?

AS MEDIDAS.- LABORATORIO DE EXPERIMENTOS

Como xa sabedes estamos traballando as medidas de peso e lonxitude e a semana que ven traballaremos as de tempo neste xogo se prestas atención aprenderás un mosntón do traballado. Moito ánimo e non perdas a ocasión de aprender divertíndote

sábado, 23 de mayo de 2009

O RELOXO

No CEIP de Flavia de Padrón fixeron este sinxelo Jclic para que aprendades moito mellor o funcionamento do reloxo, animadevos e a practicar!

O TEMPO

Próximamente tamén imos dar as medidas de tempo, aquí vos queda una aplicación moi util de Agrega, pasádevos por ela e practicande!

CANTO MIDE?


Dende aquí podendes practicar o aprendido sobre as medidas de lonxitude, "canto mide?" é unha aplicación do Grupo SM que vos axudará a comprender todo o aprendido sobre as medidas de lonxitude. Non perdades a ocasión de pasarvos por aquí!.

CAPACIDADE E PESO

Na vindeira unidade de matemáticas traballaremos sobre a capacidade e o peso, así que aquí vos deixo unha páxina moi util para practicar

RECURSOS INTERACTIVOS DO NOSO LIBRO DE MATEMÁTICAS


Dende aquí podendes acceder os recursos interactivos que Anaya vos propón para reforzar o estudado na clase, así que xa sebedes, pasadevos por aquí o remetar cada unha das leccións, xa verendes como vos resulta práctico e diverido para repasar.

O PESO E A MASA

Adiantovos un xogo que nos servirá para traballar os contidos do próximo tema de Matemáticas. Así que xa sebedes se queredes practicar, moito ánimo!!

A DIVISIÓN

Fai unhas poucas leccións traballamos a división, para que non quede non o esquezades inda que seguimos a facer divisións a miúdo, deixovos este divertido xogo. A practicar rapaces!

miércoles, 20 de mayo de 2009

A LONXITUDE

Agora estamos dando as medidas de lonxitude, se vos pasades por esta páxina poderedes aprender xogando moitas das cousas que estamos traballando na clase.

AS FRACCIÓNS

No último tema xa rematado de matemáticas traballamos as fracción, aquí vos deixo un xogo moi divertido e interesante no que podedes repasar o traballado. Veña!!! Botándelle unha partida

martes, 12 de mayo de 2009

REPASAMOS AS MULTIPLICACIÓNS
















Como ben sabendes rapaces estamos realizando o Campeonato de Multiplicacións, as cousas andas refadas en ambalas dúas aulas, porque os rapaces de 3º dominan a estas alturas as táboas. Inda que xa sei que sodes uns expertos aconsellovos esta páxina que podedes visatar con tan só facer clic sobre ela e que vos servirá para ser invencibles no Campionato. Ánimo e a practicar!!!!!