sábado, 23 de mayo de 2009
OS MATERIAIS

O TEMPO
CANTO MIDE?
CAPACIDADE E PESO
RECURSOS INTERACTIVOS LENGUA ESPAÑOLA
RECURSOS INTERACTIVOS DO NOSO LIBRO DE MATEMÁTICAS
RECURSOS INTERACTIVOS DO NOSO LIBRO DE COÑECEMENTO DO MEDIO
O TESTAMENTO DO GATO
Aquí vos deixamos como sona, esperamos que vos guste, nos seguimos a ensaiar!!!
O TESTAMENTO DO GATO

¿Sadeses o que son os Cantares de Cego?
A profe Tere andivo pescudando qué facer para o festival de FIN DE CURSO e velaquí que se lle ocurriu interpretar un Cantar de Cego "O TESTAMENTO DO GATO".
Moitos cantares, costumes, contos e cantos das xentes do noso país foron gardados na memoria, para evitar a súa perda e poder transmitilas á posteridade, antigamente transmitíanse oralmente de pobo en pobo e de vila en vila. Así que nós como se de cegos se tratase, faremos unha paradiña, no cole de Cambeo, o derraeiro día do curso escolar, o vindeiro 22 de Xuño para interpretarvos este noso, voso cantar e contribuir un pouquiño a que a nosa tradición oral non caia no esquecemento.
¿QUERENDES OIR COMO SOA O NOSO CANTAR? POIS ESCOITANDE.

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO
O vindeiro venres 29 de maio, o equipo de actividades extraescolares e complementarias ten previsto realizar unha saída didáctica ó GROVE, o que iremos os alumn@s de segundo ciclo, deixovos o noso itinerario para que vos vaiades facendo unha idea de todo o que faremos e o ben que o imos pasar:
Deixovos tamén un reportaxe de dende Galicia para o Mundo do Grove titulado, O Grove Sabor a mar.
- Ás 9:30 h: Sairemos do Centro
- Ás 11:00: percorrido en "Turitre" (con guía) polo Grove e pola Illa de Arousa
- Ás 12:00: percorrido con guía pola Ría de Arousa nun barco con visión submarina. Visitas ás bateas, parque de cultivo do mexillón, ostras e viveiras.
- Ás 13:30h: xantar a cargo do centro. Menú: Espagueti, piza e xeado, ¡cómo nos imos por!
- Ás 15:30 h : visita con guía ó mirador e a Aula de Natureza do alto de Siradella.
- Ás 16:30h: visita ó museo da pesca e da salga (San Vicente).
- Ás 17:30 h: visita á Illa da Toxa.
- Ás 20:00 h(aproximadamente): chegada ó colexio (onde deben ir os vosos pais a recollervos).
Deixovos tamén un reportaxe de dende Galicia para o Mundo do Grove titulado, O Grove Sabor a mar.
AS SILABAS
O PESO E A MASA
A DIVISIÓN
AS PLANTAS
MARIO BENEDETTI

Esta semana pasada, como sabedes abandonounos un dos grandes poetas deste século pasado, o gran Mario Benedetti. Moitos de vos non o coñeceredes, deixovos aquí uns enlaces para que podades descrubir a súa vida, e a súa obra. Sempre me gustou moito a súa poesía e meu pai líame cousas de él dende que tiña a vosa idade, e como me trae tan bos recordos pensei deixarvolo aquí para que agora o leandes vos.
- RESUMEN DA OBRA DE MARIO BENEDETTI
- MARIO BENEDETTI PALABRAS VERDADEIRAS
- (Documental da súa obra)
- POEMAS DE MARIO BENEDETTI
- POEMA DE BENEDETTI CANTADO POR JOAN MANUEL SERRAT
- MÁIS POEMAS RECITADOS
miércoles, 20 de mayo de 2009
MULTIPLICAR SEN PARAR
A LONXITUDE
AS FRACCIÓNS
martes, 19 de mayo de 2009
martes, 12 de mayo de 2009
SUPER SABER

Esta páxina temola visitado en moitas ocasións en clase. Póñovola aquí para que vos sexa máis fácil atopala, xa sabedes, só tedes que facer clic sobre ela e atoparedes unha chea de divertidos xogos cos que practicar matemáticas, lingua, coñecemento... e pasalo fantástico. Non desaproveitedes a ocasión de xogar e aprender!!!
A RODA DO SABER
REPASAMOS AS MULTIPLICACIÓNS

Como ben sabendes rapaces estamos realizando o Campeonato de Multiplicacións, as cousas andas refadas en ambalas dúas aulas, porque os rapaces de 3º dominan a estas alturas as táboas. Inda que xa sei que sodes uns expertos aconsellovos esta páxina que podedes visatar con tan só facer clic sobre ela e que vos servirá para ser invencibles no Campionato. Ánimo e a practicar!!!!!
¡BO PROVEITO!
O ciclo da auga

http://www.alparaguay.com/CicloAgua.html
CASTLES ON THE WORLD
Suscribirse a:
Entradas (Atom)